top of page
Buscar
  • Silvia Hernández

A TVG visita a nosa redacción


Como xa vos contamos na nosa páxina de INICIO, este martes recibimos a visita dun equipo do programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia.

Manuel Otero (cámara) e Manuel Pampín (reporteiro) compartiron unha sesión de traballo cos membros de pdfTV.

Así, puideron ver de primeira man, como Roque, Ramón, Brais e Pedro gravaban un novo experimento. Atoparon tamén a Eva N., Yago e Sofía documentándose sobre un dos temas do que versará unha nova para o Noticiario 3.0. Iván, Antón e Cayetana amosaban as súas habilidades de montaxe. Juanjo e Diego ensaiaban e preparaban un dos novos programas, Irene, Ana e Felipe redactaban os seus guións, Eva J. actualizaba unha das entradas do blog e Martín, Alex e Xulia remataban un par de esceas da canle de manualidades.

Tamén houbo tempo de responder a unha serie de preguntas e contarlles outros aspectos sobre o noso canal. Con todo o material recollido, elaboraron unha reportaxe que será emitida ao londo deste fin de semana.

Para nós foi unha honra que se interesasen polo noso traballo, é á vez, unha oportunidade única para coñecer a dúas persoas que se adican profesionalmente o eido audiovisual.

¡¡Moitas grazas a Otero e a Pampín!!


37 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page